domingo, 26 de octubre de 2025

CONTOS, LENDAS E CREACIÓN DE HISTORIAS DO SAMAÍN 🎃

 O pasado xoves e venres a nosa clase encheuse de misterio, risas e moita imaxinación….

O xoves realizamos un contacontos, na biblioteca, do libro O NOSO SAMAÍN, onde puidemos coñecer a orixe desta festa.

O venres, varias alumnas da ESO, convertíronse en auténticas narradoras e compartiron con nós lendas galegas. Despois de escoitar estas historias convertémonos en escritores con DADOS DE HISTORIAS.

Asía de ben o pasamos!!








VISITA AO LABORATORIO 🧪🦠🔬

 O alumnado de 3º curso visitou o laboratorio do centro para descubrir as células dos fungos. Pasámolo en grande co microscopio.